Xoias creativas nos escaparates de Sabarís

02

Dende o centro de día Mancomunado do Valmiñor pertencente á Rede de Centros do Consorcio Galego do Servicio de Igualdade e Benestar en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Sabarís xurde esta proposta que ten como obxetivo achegar á cidadanía o traballo que se realiza en diferentes centros de persoas maiores e asociacións de persoas con discapacidade.

No mes de abril, coincidindo co IV Aniversario do centro de día, celebrouse o I Concurso de Xoias Creativas no cal participaron un total de catorce entidades da provincia da Coruña e Pontevedra (Asociación Alento, Asociación Avelaiña, Colegio Juan María, Asociación San Xerome, Afaga Mos, Afaga Beiramar, Residencia Vila do Conde e os centros de día de Rois, Vilagarcía, Valadares, Coia, Mondariz, Tomiño e Valmiñor) . As pezas de xoiería, elaboradas con materiais reciclados, estiveron expostas no centro ó longo de toda a semana durante a xornada de portas abertas que se celebrou dende o día 11 ao 15 de abril. A peza gañadora, elaborada pola residencia Vila do Conde, recibiu un agasallo de mans da Presidenta da Asociación de Comerciantes de Sabarís, Pilca, a cal propuxo levar tódalas xoias aos escaparates dos comercios da zona dado a súa vistosidade.

Todas estas pezas poderán ser visitadas entre o 9 e o 22 de maio nos seguintes establecementos: a Florería, Panadería La Pintora, Fotos Martínez, Bazar Antoxos, Farmacia-ortopedia Sabarís, Iris enmarcación, Viajes Val Miñor, Arce Bake &coffe Shop, Mercería Donna, Muebles Vicente, Jorge Conde Moda, Sueños de Papel, Ferreteria Celta e Cuarto de Estar.

Facebook Twitter Email Plusone Linkedin

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *