Flota como poidas 2015

Flota como Poidas 2015

Chega un ano máis a III Edición de Flota como poidas, organizado por Coemsa, Ovalmi e o Concello de Nigrán coa colaboración do Club Piragüismo Val Miñor e do Club Marítimo Marisma da Ramallosa.

O traxecto da travesía dicurrirá entre a ponte da Ramallosa e a praia da Ladeira este domingo 2 de agosto ás 18:00 horas.

O obxectivo deste encontro non é outro que o de gozar dunha xornada deportiva e divertida en familia ou con amigos. Neste particular travesía o baremo que rexe non é a velocidade na súa realización senón a orixinalidade, creatividade e bo ambiente das tripulacións participantes, así como dos artefactos flotantes elixidos para a ocasión.

Así, os interesados en participar deberán deixar voar a súa imaxinación tanto para a posta en escena do percorrido coma para o deseño do seu «artefacto flotante», aínda que tamén se admiten embarcacións tradicionais ou calquera elemento que se manteña a flote na auga.

As inscricións permanecerán abertas ata 72 horas antes do evento para os «artefactos» e ata 2 horas antes do comezo da travesía para piraguas ou canoas, e poderán formalizarse a través do teléfono 686 484 812.

O prezo de inscrición é de 18 euros por persoa, 25 por parella, 30 por familia de 3 a 5 membros ou 15 por persoa en «artefacto» con máis de 3 ocupantes. A inscrición inclúe pano, refrixerio ao final do percorrido, préstamo de chaleco salvavidas e rifa para o sorteo dunha piragua.

Facebook Twitter Email Plusone Linkedin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *